| JUANA SÁNCHEZ GALLEGO (1917-1975)
En 1889 o colexio de Relixiosas da Compañía de María establécese en Ferrol. Juana ingresa
na Compañía no ano 1939 e chega ao colexio que
a comunidade ten na rúa San Amaro de Ferrol en
1963. O seu labor céntrase na educación das nenas
de Caranza, antiga zona rural convertida nun barrio
obreiro duns 3.000 habitantes e con moi poucas infraestruturas.
Ese ano comeza a súa obra educativa, acompañada doutra relixiosa,
nun barracón parroquial (o seu mobiliario consistía nunha mesa de ping-pong e
uns bancos). Máis tarde alugan un baixo no que dan clase a nenas en tres aulas.
Logo de moitos problemas e innumerables xestións consegue un colexio con
profesorado segrar subvencionado polo Estado (con catro clases e tres unidades)
e situado nas vivendas que estaba construíndo Bazán.
Cando este local comezou a ser insufi ciente, consegue do Concello a habilitación
do antigo cárcere no que establece tres clases. Juana Sánchez segue
traballando por elevar o nivel cultural e estender a educación a todas as nenas de
Caranza, e para iso quere conseguir un edifi cio digno e adecuado ás necesidades
do barrio, e non parou ata conseguir a construción dun colexio subvencionado
de EXB e Formación Profesional con capacidade para 1.500 alumnas e que
entrou en funcionamento en 1973. Ela será a primeira directora, aínda que por
pouco tempo, pois morre dous anos máis tarde.
En 1974 a asociación de nais e pais do alumnado do Colexio Santa Juana
de Lestonac pide que se dea o nome de Nai Lestonac a unha rúa próxima,
recoñecendo así o seu traballo, a iniciativa, o entusiasmo e a tenacidade que Juana puxo ao servizo do acceso ao ensino das mulleres ferrolás de Caranza
|