Acceso Área privada
Volver al Inicio
 
  CELEBRACIÓN EN GALICIA

OFRENDA: la llama, las manos tendidas y el escudo con el nombre de María

Nesta Eucaristía imos ofrecer os tres símbolos que nos acompañaron ao longo destes 400 anos.
Son os nosos sinais de identidade: a chama, as mans tendidas e o noso nome: María.

 

 

 

 


A chama

No corazón de Xoana de Lestonnac resoaba a cotío a chamada: “Non deixes apagar a chama que eu prendín en ti”. “Manter a chama” era o consello constante que facía ás súas primeiras compañeiras.
Elas fixérona súa e prendérona sinxela e ardorosamente noutros pobos e noutros corazóns.

Esta é a historia da súa chegada e o seu espallamento por Galicia ata nós:

1759 De Tudela a Santiago
1886 De Santiago a Vigo
1889 De Lérida a Ferrol
1917 De Orduña á Coruña
1925 De Santander a Cangas
1953 Lugo
1961 San Rosendo
1963 Miño
1966 Jarandilla de la Vera
1968 Madrid-El Pilar
1973 Pisos con niños: Oviedo,Vigo, A Coruña
1973 San Lázaro
1973 Castiñeiriño
1973 Caranza
1975 Hospital
1977 Bazar
1978 Lavadores
1980 Cebreiro
1984 As Pontes

Escolas rurais
Colaboracións con outras Entidades

 

Tender a man

Xoana de Lestonnac empregou esta expresión para comunicar a súa experiencia da Noite do Císter. Desde entón a Compañía de María fixémola unha actitude na nosa misión evanxelizadora para erguer dignidades, tendo como referencia os valores do Evanxeo.
Para nós “tender a man” aos homes de toda raza, lingua e cultura;tendela nunha opción radical pola vida, pola muller, pola xuventude, polos máis febles da historia foi sempre un reto e unha esixencia.

Estamos seguras de que hoxe Xoana de Lestonnac volvería a repetirnos :”Deixo nas vosas mans esta páxina da historia que vos corresponde para que alonguedes ata hoxe aos homes e mulleres do voso tempo a humanidade de Deus”.

O noso nome: María

Xoana de Lestonnac concibe o seu proxecto educativo en compañía de María de Nazaret. Ela, María, é a nosa referencia, a nosa identidade; é a muller crente da Palabra, é a educadora que sempre acolle, que se entrega sen límite. Por iso no noso escudo entrelázanse o A e o M: AVE MARÍA. As dúas letras son sinxelas, con riscos rectos e firmes que están abertos para recoller a novidade de cada tempo.

[Más información]